As Xornadas Xurídicas Roman García Varela desenvolveranse do 31 de maio ao 2 de xuño en Sarria

SarriaXa
As Xornadas Xurídicas Roman García Varela desenvolveranse do 31 de maio ao 2 de xuño en Sarria coa presenza de letrados
xornadas xuridicas inauguracion
25 Abr 2023

A XVI edición das Xornadas Xurídicas Román García Varela de Sarria terán lugar entre o vindeiro 31 de maio e o 2 de xuño.

Durante esta edición, os temas que se tratarán terán que ver cos retos do Estado de Dereito no século XXI con temas como a reforma do sistema tributario, pero tamén se falará sobre a eutanasia.

Ao redor de vinte ponentes serán os encargados de poñer sobre a mesa temas de actualidade para debater coas persoas que participen.

Estas xornadas enmárcanse no programa de formación continua do Consello Xeral do Poder Xudicial e contan coa colaboración da UNED.

0.17298698425293