Así quedan as clasificacións en Segunda antes da volta ao campo o vindeiro fin de semana

SarriaXa
Conoce las posiciones que ocupan los equipos de la comarca de Sarria en la clasificación de la liga de fútbol Segunda Galicia.
2 Xan 2022

A competición de Segunda Galicia aínda ten partidos por xogar debido ao seu aprazamento tras detectar xogadores positivos entre os cadros de deportistas.

Un dos equipos máis afectados por este motivo foi o conxunto do grupo 2A, o SD Paradela, que hoxe, día 2 de xaneiro, xogará o encontro aprazado contra o Santa Comba, na última xornada da liga. Días máis tarde, o 19 deste mes recuperará o encontro co Becerreá que se suspendeu na xornada 8.

Malia a todo, o Paradela é o equipo da comarca de Sarria que ocupa o posto máis alto da clasificación. Conta con 13 puntos en 6 partidos xogados con tan só unha derrota. É o segundo da táboa, despois do SD Becerreá que ten 18 puntos acumulados tras gañar 6 dos 7 partidos xogados.

Terceiro na clasificación, atópase o SD Páramo con 13 puntos tamén. A diferencia é que este equipo xogou os 8 partidos acadando 4 vitorias, 1 derrota e 3 empates.

Na volta das vacacións e coas pilas cargadas, o Páramo xogará na casa contra o Antas, esta agrupación ocupa o sexto lugar da clasificación. Por outra banda, o Paradela viaxará ata os Chacotes onde se enfrontará ao Palas, penúltimo da táboa.

No grupo 2B, o Incio Terra Brava CF ocupa o sexto lugar da clasificación, con seis puntos acadados ao gañar contra o Quiroga na primeira xornada e contra o Oural na sexta. Nos demais encontros aos que se enfrontaron os xogadores do equipo da comarca de Sarria, foron derrotados. O último foi o partido suspendido contra o Bóveda na xornada 7. O encontro tivo lugar o día 26 de decembro e o resultado final foi de 3-1 para o Bóveda sumando así unha derrota máis os da Terra Brava.

0.21268796920776