Ata 132.000 euros para pagar facturas no Concello do Páramo

SarriaXa
O goberno local do Páramo aprobou unha modificación de crédito para reforzar varias partidas orzamentarias de gastos ata os 132.
alcalde do Paramo
6 sep 2023

O goberno local do Páramo aprobou unha modificación de crédito para reforzar varias partidas orzamentarias de gastos ata os 132.000 euros debido “aos costes derivados da inflación”, sostiveron.

Así, estes fondos irán destinados a pagar facturas de gasóleo e electricidade e salarios de persoal, tal e como informou o alcalde do Páramo, José Luis López.

Pola súa parte, Gumersindo Rodríguez, de Galicia Sempre, preguntou no pleno por que se perderon horas do SAF subvencionadas pola Xunta de Galicia e o rexedor alegou a falta de persoal.

Da mesma maneira, o líder da oposición tamén se referiu a que non se están a utilizar os tractores municipais con desbrozadora para mellorar as estradas e solicitou que se contrate a unha persoa máis para a brigada de obras, en vez de contratar unha empresa externa.

0.18086504936218