Aterra en Sarria o encontro de gaiteiros Piperegrinos, as gaitas do Camiño

SarriaXa
Chega a Sarria este sábado 30 de outubro, Piperegrinos, as gaitas do Camiño, un encontro de destacados gaiteiros de España e Portugal.
gaitas piperegrinos sarria portada
28 Oct 2021

Chega a Sarria este sábado 30 de outubro, Piperegrinos, as gaitas do Camiño, un encontro de destacados gaiteiros de España e Portugal.

Nel, resáltase a importancia da gaita como instrumento representativo das culturas europeas ao tempo que invita aos espectadores a unha viaxe sonora a través das diferentes gaitas ibéricas, coas que representar o importante intercambio cultural que se produciu no Camiño.

Algúns dos gaiteiros que intervirán neste acontecemento son: Francesc Sans, co instrumento sac de gemecs, de Cataluña, acompañado de Manel Martorell, mandola, e Titus Prats, percusión; Adrián Gil, coa gaita de boto, desde Aragón, acompañado de Alberto Navas, violín, e Serchio Pardos, guitarra, percusión;  Tiago Morais, intérprete da gaita mirandesa e gaita de sesimbra, desde Portugal, acompañado de Tiago Marques, acordeón e cavaquinho; e Oscar Ibáñez, gaita galega, de Galicia, acompañado por Xosé Li,- bouzouki- e Andrés Vilán – caixón-, entre outros.

A cita realizarase a partir das 19 horas, na Sociedade Cultural La Unión. Así pois, a entrada é de balde ata completar cabida e levaranse a cabo as medidas sanitarias correspondentes para gozar dun encontro seguro e ameno.

gaitas piperegrinos sarria

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15685510635376