Atopáronse cuarzo e cuarcita nas escavacións na Cova Eirós de Triacastela

SarriaXa
Os doce arqueólogos que están investigando o xacemento da Cova Eirós de Triacastela veñen de descubrir nas inmediacións da cova materias primas como cuarzo e cuarcita, sílex e cristal de rocha, estes últimos máis afastados.
Cova Eiros 2
27 Ago 2023

Os doce arqueólogos que están investigando o xacemento da Cova Eirós de Triacastela veñen de descubrir nas inmediacións da cova materias primas como cuarzo e cuarcita, sílex e cristal de rocha, estes últimos máis afastados.

Por esta razón, a Fundación Palarq decidiu financiar unha nova investigación sobre os cuarzos da Cova Eirós, xa que tamén apoia a máis de 500 equipos españois que traballan no eido da arqueoloxía e da paleontoloxía.

Os investigadores, pola súa banda, xa comezaran a estudar as ferramentas feitas en cristal de rocha este ano, pero teñen que poñer en común todo o material analizado e, coa axuda de Palarq, realizar unha análise xeoquímica nun laboratorio da University of Lorraine para determinar se algún obxectos da Cova Eirós se corresponden co Paleolítico Superior.

0.15294909477234