Aumenta o número de concellos libres da covid

RibeiraSacraXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
vacinacion covid
21 Feb 2021

A provincia continúa reducindo o número de casos activos de covid de forma notoria e aumentando o número de concellos que quedaron libres da covid.

Así, este domingo son 838 casos activos, que son 63 menos que onte. Na xornada anterior o descenso foi de 41.

Rexistráronse nas últimas 24 horas 25 casos novos (onte foron 28), o que implica un novo descenso da media das últimas xornadas que estaba en máis de 30 novos diarios e agora xa están por debaixo. Ademais, as altas chegaron ás 10.483, 97 en 24 horas, o día anterior foron 79.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 11.524 casos rexistrados e 198 persoas falecidas.

A presión hospitalaria, pola contra, volve subir. Nas UCI hai 21 ingresados (os mesmos que onte), todos no Hula, e en planta hai 43 enfermos, 5 máis, 29 no hospital de Lugo (4 máis), 6 na Mariña (1 máis) e 6 en Monforte ). O Polusa de Lugo ten 2 enfermos.

POR COMARCAS

A Mariña

Poucas variacións na Mariña onde só Viveiro está por riba dos 10 casos pero baixando.

  • Viveiro volve á senda do descenso de casos con 18, 4 menos.
  • Trabada e Lourenzá non teñen casos novos nos últimos 15 días.

Terra Chá

Guitiriz segue sen aumentar a incidencia, reducíndoa lentamente por segundo día consecutivo, Vilalba volve baixar e o único que sobe é Outeiro de Rei.

  • Vilalba continúa á baixa con 31 casos, 11 menos.
  • Guitiriz reduce 1 caso e queda en 117.
  • Cospeito cae por debaixo dos 10 casos.
  • Outeiro de Rei, pola contra segue sumando, 2 contaxios máis, ata 16.
  • Pol, Abadín e Xermade están sen casos novos nos últimos quince días.
  • No veciño Concello das Pontes sobe 1 caso ata 31.

Centro da provincia

Malia o gromo do barrio de Paradai, a presenza da covid na cidade de Lugo continúa á baixa. A Fonsagrada e Pedrafita súmase ao grupo dos concellos sen casos nos últimos 15 días e só O Corgo ten máis de dez.

  • Lugo segue á baixa, con 7 casos menos, 231 en total.
  • O Corgo tamén mantén 22.
  • A zona da Montaña continúa con varios concellos sen casos nos últimos días como A Fonsagrada. Pedrafita do Cebreiro, Negueira de Muñiz, Navia Cervantes e Ribeira de Piquín. Tamén Antas de Ulla está nesta situación.

Comarca de Sarria

Sarria reduce a súa incidencia a 14 casos, mentres o resto da comarca está case libre do coronavirus.

  • Sarria reduce ata 14 casos, 4 menos que onte.
  • Samos, Triacastela, O Incio, Paradela e O Páramo están xa sen casos novos dende hai 15 días.

Ribeira Sacra

Monforte, que segue á baixa e é xa o único concello con máis de 10 casos. Bóveda súmase aos que teñen menos de dez casos.

  • A vila de Monforte contabiliza hoxe 62 casos, 4 menos.
  • Taboada e Sober quedan xa por debaixo de 10.
  • Bóveda e Folgoso do Courel están sen casos dende hai máis de 15 días.

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.14676904678345