Aumentaron un 1,6% as rupturas matrimonias en Galicia o ano pasado

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
En Galicia rexistráronse 5.117 demandas de rupturas matrimoniais no ano 2022, un 1,6 % máis que no ano 2021
matrimonio anels divorcio
13 Mar 2023

Presentáronse 2.039 demandas de divorcio, un 5,4 % máis que o ano anterior, e 59 de separación. Por cada 100.000 habitantes, na comunidade contabilizáronse 189,8 rupturas e, no Estado, 200,9.

O número de demandas de ruptura matrimonial (nulidades, separacións e divorcios) presentadas en Galicia o ano pasado foi de 5.117, fronte ás 5.034 que se rexistraron en 2021, o que supón un aumento do 1,6 %. No Estado descenderon un 2,3 % %. Poñendo en relación as demandas de ruptura matrimonial coa poboación ao 1 de xaneiro de 2022, obsérvase que por cada 100.000 habitantes en Galicia contabilizáronse, no período estudado, 189,8 demandas, fronte ás 200,9 de media estatal. 

Segundo os datos feitos públicos hoxe pola Sección de Estatística do Consello Xeral do Poder Xudicial, na comunidade diminuíron os divorcios consensuados (de 2.951 a 2.885, un 2,2 %) e incrementaron os non consensuados (de 1.934 a 2.039, un 5,4 %). As separacións consensuadas, pasaron de 113 a 129 en 2022, mentres que das non consensuadas rexistráronse 59, fronte ás 35 de 2021. Neste período contabilizáronse cinco peticións de nulidade matrimonial.

O ano pasado iniciáronse 655 procedementos de modificación de medidas consensuadas, un 5,3 % máis que en 2021. As demandas de modificación de medidas non consensuadas pasaron de 1.651 a 1.695, un 2,7 % máis.

En canto aos procedementos de garda, custodia e alimentos de fillos non matrimoniais, rexistráronse 949 demandas de modificación de medidas consensuadas, fronte ás 1.141 de 2021, o que supón un descenso do 16,8 %; e 1.161 demandas de modificación de medidas non consensuadas (1.249 o ano anterior), o que representa unha baixada interanual do 7 %.

0.16172695159912