Autorizada a pasarela provisional de Ponte Ribeira en Sarria

SarriaXa
A Consellería de Cultura accede a que se leve a cabo a pasarela provisional que permitirá reabrir mellorar a circulación de Sarria.
ponte ribeira sarria
8 Nov 2021

Despois de máis de sete anos de loita pola mellora do Concello, a Consellería de Cultura accede a que se leve a cabo a pasarela provisional que permitirá reabrir a ponte.

Esta actuación foi denegada pola Dirección Xeral de Patrimonio no mes de febreiro.

A condición que puxo a organización para acceder nesta ocasión foi que o proxecto final para a recuperación da ponte ten que estar comezado nun prazo máximo de catro anos.

Esta ponte foi derribada no ano 2014 dentro do plan de encauzamento do río.

Esta nova construción consistirá nunha pasarela metálica cunha base de formigón. A circulación será dun único sentido e terá zona peonil. Con esta estrutura búscase mellorar a calidade de vida dos veciños ao ofrecer rutas alternativas tras os arranxos na rúa Calvo Sotelo.

Tamén se aproveitará para limpar as herbas e eliminar os valados.

A construción, adxudicada desde o mes de febreiro conta con 109.000 euros de orzamento provenientes dos fondos da Deputación Provincial.

0.17808294296265