Avanzan na nova edición do Descenso Urbano (DHU) Vila de Sarria

SarriaXa
O delegado territorial puxo en valor a ampla cobertura mediática que recibe a proba e o seu impacto positivo na economía e no turismo da vila e da provincia
Dhu-Vila-de-Sarrria-2024
25 Mar 2025

Sarria volverá converterse este xullo no epicentro do ciclismo extremo coa celebración dunha nova edición do Descenso Urbano (DHU) Vila de Sarria.

Responsables do club organizador, DH Galicia, mantiveron unha reunión co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, para avanzar nos apoios do Goberno galego ao evento, que xa se consolidou como unha das citas deportivas de referencia en España.

Durante o encontro, Arias salientou o compromiso da Xunta co DHU en anteriores edicións, destacando a súa contribución á proxección do evento e ao seu crecemento continuo.

O delegado territorial puxo en valor a ampla cobertura mediática que recibe a proba e o seu impacto positivo na economía e no turismo da vila e da provincia. “Trátase dunha cita consolidada que supón un importante impulso para a dinamización económica e turística de Sarria”, afirmou.

Na pasada edición, o DHU Vila de Sarria rexistrou un éxito rotundo, cunha asistencia de arredor de 2.000 persoas. A participación tamén superou expectativas, con 150 nenos e nenas no MINIDHU, 130 adultos na proba principal e oito participantes na novidade da edición, o Dirt.

⚙ Configurar cookies
0.19598197937012