Aviso de nivel amarelo por treboadas e precipitacións intensas en toda Galicia

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia vén de comunicar un novo aviso da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), que amplía a alerta por fenómenos meteorolóxicos adversos de nivel amarelo a toda a comunidade autónoma.
Segundo o boletín n.º 163/71GAL emitido o 10 de xuño de 2025 ás 11:20 horas, espéranse TORMENTAS acompañadas de precipitacións intensas que poderían alcanzar os 25 mm nunha hora, así como a aparición ocasional de saraiba. O episodio meteorolóxico comezará nas últimas horas da tarde deste martes, prolongándose ata as primeiras horas da mañá do mércores 11.
Este tipo de aviso implica risco en determinadas actividades e a posibilidade de que, de forma local, as tormentas acaden intensidade superior á prevista.
A Dirección Xeral insta á cidadanía e aos organismos públicos a adoptar medidas preventivas ante as condicións meteorolóxicas adversas e, se fose necesario, mobilizar recursos. En caso de emerxencia, recoméndase contactar co servizo 112.