Baiuca actuará no parque do Chanto de Sarria o vindeiro 30 de agosto

SarriaXa
A actuación forma parte das actividades organizadas pola Asociación Cultural Meigas e Trasgos no marco da Noite Meiga
Baiuca
10 Ago 2024

A Asociación Meigas e Trasgos, como parte da programación da súa festa Noite Meiga, anuncia que o día 30 de agosto, venres, estará Baiuca actuando no parque do Chanto de maneira gratuíta a partir das 23.00 horas.

Así, desde a asociación sosteñen que “despois de moitos esforzos e traballo por parte da asociación e coa axuda das institucións públicas, Xunta de Galicia e Concello de Sarria, estamos felices de poder desfrutar dun dos artistas galegos con máis proxección no panorama musical tanto a nivel nacional coma internacional”.

Desta maneira, todas as persoas interesadas en desfrutar da música tradicional galega con electrónica de vanguardia de Baiuca poderán facelo de forma gratuíta achegándose ao Chanto o último venres do mes de agosto, antesala da Noite Meiga que será o día 31.

0.17206120491028