Barán, en Paradela, celebrará a súa tradicional Festa na Honra a Santa Cruz o 3 de maio

SarriaXa
Pola noite, a festa estára protagonizada por unha gran verbena protagonizada polas orquestras Pontevedra e La Ola ADN
Festas-Barán-Paradela
27 Apr 2025

A localidade de Barán, no concello de Paradela, prepárase para celebrar por todo o alto a Festa na Honra á Santa Cruz o vindeiro sábado 3 de maio de 2025.

O programa festivo comezará ás 13:30 horas cunha misa solemne seguida dunha procesión, actos relixiosos que contarán coa participación da Orquestra Pontevedra, encargada tamén de amenizar a sesión vermú.

Pola noite, a festa continuará cunha gran verbena protagonizada polas orquestras Pontevedra e La Ola ADN, dúas formacións que prometen animar a velada co seu espectáculo musical e posta en escena.

Sen dúbida, trátase dunha cita ineludible para veciños e visitantes que desexen gozar dunha xornada festiva con tradición, música e un ambiente inmellorable.

⚙ Configurar cookies
0.1456151008606