'Belarmina, a fabulosa velutina' terá lugar hoxe en Triacastela

SarriaXa
Triacastela acogerá hoy el teatro de títeres "Belarmina, a fabulosa velutina". La obra dará comienzo a las 13.00 horas.
teatro triacastela
28 Nov 2021

Belarmina, a fabulosa velutina terá lugar hoxe na Fonte do Lunar ás 13.00 horas en Triacastela.

A obra a cargo da compañía Titiriterra representará teatro de monicreques para público infantil e familiar.

Belarmina é unha obra de teatro musical e é consecuencia do encontro entre Gustavo Fouce, Martín Vázquez e Verónica Quintela. Poñendo en común as súas habilidades e interese por natureza, nace unha obra fresca e chea de humor.

O problema da invasión da avespa asiática da pé a unha sucesión de encontros e desencontros entre dous seres moi diferentes e moi humanos. A abella orgullosa e a avespa que se debate entre o desexo da amizade e o deber de devorar a súa nova amiga.

teatro triacastela
0.18542194366455