Belén Fernández asume a presidencia da Asociación cultural Meigas e Trasgos
Tralo encontro que mantiveron os socios da Asociación cultural Meigas e Trasgos de Sarria, Belén Fernández Gayoso ocupará o cargo presidencial de maneira temporal mentres o veciño Iván Pereiro, que presentou a súa candidatura, non pode coller as rendas.
Julio Francisco, estivo ao mando da asociación dende o ano 2010 e a directiva considerou que facía falta unha renovación e convocou unha asemblea ordinaria o pasado sábado.
Iván Pereiro, o veciño que presentou a súa candidatura e que será o presidente da asociación en aproximadamente un ano, leva vinculado a este grupo dende neno, xa foi parte da directiva e cando lle sexa posible será o presidente da entidade, xa que na actualidade, por problemas persoais non é posible. Desta forma, a elixida como presidente temporal foi a socia que ocupaba o cargo de vicepresidenta, Belén Fernández.
Esta é a segunda vez que toma o poder de maneira provisional xa que no ano 2010 tomou esta posición para evitar que desaparecerá Meigas. A sarriá tamén está vinculada á entidade dende moi nova, segue activa no grupo como profesora de baile e é unha das persoas que escenifica a danza na Noite Meiga.
Na actualidade estase a forman a nova directiva que terá como obxectivo continuar coas actividades de baile e música tradicional.
Ademais, unha das citas máis importantes de Sarria está moi ligada a esta asociación, A Noite Meiga, que cumpría as súas vodas de ouro no ano 2020 sendo imposible a súa celebración neste ano e no seguinte, por iso, este 2022 será unha data moi especial.
A Noite Meiga é unha celebración que naceu no ano 1971 grazas a Carmela González unha veciña que organizou unha festa ao redor da música, a danza e a maxia para despedir o verán. A última edición que se puido celebrar foi a do ano 2019 que contou co pregón do músico sarrián Abraham Cupeiro. No ano 2021, houbo unha serie de actividades que xiraban no eixo da Noite Meiga sin ser a celebración habitual desta festa.