Bengala Teatro Físico achega a Sarria o seu espectáculo 'En carne viva'

A compañía lucense Bengala Teatro Físico presentará este domingo, día 23, ás 20:00 horas, a súa peza 'En carne viva', integrada no Circuíto de Teatro Profesional impulsado pola Deputación de Lugo.
A proposta chega ao municipio como parte da aposta provincial por levar ás comarcas espectáculos contemporáneos e compañías emerxentes.
Vencellado á representación, e coa colaboración da área de Cultura do Concello de Sarria, o grupo ofreceu dúas sesións formativas dirixidas ao alumnado do IES Xograr e do IES Gregorio Fernández.
Estes talleres, orientados específicamente a adolescentes, buscan fomentar a expresión emocional, a capacidade de escoita e a creación artística libre de xuízos. Ademais, pretenden construír un espazo seguro onde explorar a escrita e o movemento como ferramentas para levar á escena pensamentos íntimos desde unha perspectiva colectiva.
A iniciativa procura servir de ponte entre a mocidade sarriá e o traballo que desenvolve Bengala Teatro Físico, convidando ás e aos estudantes a achegarse o domingo á función e a descubrir unha proposta escénica que combina emoción, experimentación e creación compartida.