Biduedo celebra as súas grandes festas na honra a San Pedro o 29 de xuño

SarriaXa
A parroquia triacastelá programa misa, cea popular e música en vivo para un día de celebración que contará con carpa en caso de choiva
Biduedo-Triacastela
26 Jun 2025

A parroquia de Biduedo, en Triacastela, celebrará o sábado 29 de xuño as súas tradicionais festas na honra a San Pedro, cunha xornada repleta de actividades relixiosas, gastronómicas e musicais.

O programa comezará ás 13:00 horas coa misa solemne no campo da festa, seguida da sesión vermú, amenizada polo Dúo Eclipse. Pola tarde, desde as 20:30 horas, este mesmo grupo volverá poñer música ao ambiente cun pase de tarde.

Ás 21:30 terá lugar a cea popular, e a verbena arrancará a partir das 23:00 horas coa actuación conxunta do Dúo Eclipse e o Dúo Dilema. A organización anuncia que, no caso de que o tempo non acompañe, haberá carpa para garantir o desenvolvemento da festa.

⚙ Configurar cookies
0.14656901359558