Black Beanie Dub, nova confirmación para o Festival Tremeterra do Incio

O Festival Tremeterra do Incio segue a desvelar o seu cartel para a edición deste ano, e a organización vén de anunciar un novo grupo confirmado: Black Beanie Dub.
A banda, procedente do sur de Francia, chegará ao Incio cargada de "killers" que desbordan calidade e boas vibracións, sumándose así a un evento que combina música, cultura e natureza.
O IV Encontro Soundsystem da Terra Brava celebrarase os vindeiros 29 e 30 de agosto no espectacular enclave do Encoro de Vilasouto, converténdose nun punto de encontro para amantes da música reggae e dub.
Ademais das actuacións musicais, o festival ofrecerá espazos para debates e obradoiros, facendo da experiencia algo máis ca un evento musical, senón tamén un lugar de reflexión e aprendizaxe.
Con esta nova confirmación, o Festival Tremeterra reafírmase como unha cita imprescindible dentro do panorama musical galego, apostando por sons alternativos e un ambiente de convivencia único.