Boa volta á competición por parte do CB Sarria mantendo ou incluso mellorando o rendemento

SarriaXa
Adrián Fernández fala da tempada do remate do ano para o CB Sarria xa que foron bos resultados en case tódalas categorías para o CB Sarria.
cb sarria nenos
7 Feb 2023

Por Adrián Fernández.

Boa volta á competición por parte do CB Sarria mantendo ou incluso mellorando o rendemento en tódalas categorías en xeral, pese ao parón polas vacacións de navidade.

Comezando pola categoría premini o Fisioterapia Ivonne Castro feminino mantén o primeiro posto con 7 vitorias e ningunha derrota tras gañar os dous partidos xogados fora da casa, metres que o Cementos Cosmos baixou ao 5º posto tras perder dous dos tres partidos xogados e quedar con 3 vitorias e 4 derrotas; na categoría masculina o Corbar Sarria mantivose no grupo A, pese a derrota no derradeiro encontro, e comezou con vitoria a seguinte volta mentres que o María Martínez dental tamén comezou con vitoria pero esta vez no grupo B tras conseguir subir despois de gañar ao Rosalía de Castro.

Na 1ª División Mini feminina as de Sarria manteñen a primeira posición despois de gañar un e perder o outro partido xogado en xaneiro, mentres que na 1ª Mini masculina baixaron á 3ª praza tras perder os dous partidos deste ano.

Na categoría infantil, o Pre-Infantil feminino sube ao segundo posto despois de gañar os dous partidos e poñerse cun récord de 5-1, pola parte do infantil masculino, manteñen o segundo posto gracias as duas vitorias conseguidas tras perder en Lugo no primeiro encontro do ano.

Os dous equipos cadetes seguen igual o cadete feminino añadiu dúas vitorias máis ao casilleiro (7-1) e mantén o primeiro posto empatadas con Cidade de Lugo e o cadete masculino segue no 3º posto con 6-3 tras gañar un e perder o outro partido deste mes.

Na 2ª Junior masculina subiron ao terceiro posto despois de conseguir dúas vitorias, unha de elas contra o Cidade de Lugo, equipo co que está empatado nesa posición, e o equipo feminino, estas na 1ª División no consiguen arrancar e cosecharon dúas derrotas máis que as deixa na última posición aínda que teñen 3 partidos menos que as de Maristas Coruña.

Xa na categoría Senior o Floristería Madeira feminino conseguíu un balance de 2-1 a favor que as mantén no 6º posto nun cuádruple empate con Baloncesto do Lea, Laracha e Artai, este último cun encontro menos, mentres que o MGR Sarria masculino levantou a cabeza despois da derrota en Vilalba e gañou os tres partidos de xaneiro, o último importantísimo contra Arteixo que deixa aos dous equipos na primeira praza nun triple empate xunto co Calvo Artai cun récord de 8-3.

Quedan moita competición aínda, pero as cosas marchan ben para o CB Sarria no comezo do novo ano.

0.12760305404663