Brais das Hortas protagonizará a última obra infantil da Mostra de Teatro Iván Tourón Morais de Sarria

SarriaXa
A Casa da Cultura de Sarria acolle a última obra infantil da II Mostra de Teatro Iván Tourón Morais 'Contos para caghar patatillas', unha proposta de Brais das Hortas para toda a familia que mestura música, clown e contos a partes iguais.
Brais das Hortas
13 Oct 2023

A Casa da Cultura de Sarria acolle a última obra infantil da II Mostra de Teatro Iván Tourón Morais 'Contos para caghar patatillas', unha proposta de Brais das Hortas para toda a familia que mestura música, clown e contos a partes iguais.

Á actividade, que terá lugar esta tarde ás 17.30 horas, poderán asistir todos os nenos e nenas do municipio sarriao para desfrutar dunha tarde entretida e divertida xunto con outros compañeiros ou familias.

No evento estará a Santa Compaña cantando un trap, o home do saco, a verdadeira canción de como morreu Tranquilo, un ataque de salouco, unha base creada ao vivo cunha "loop station", sete bruxas que voan de Moaña a Sevilla nunha barca, instrumentos de refugallo creados en directo… e moito máis.

Cantos para caghar patatillas
0.1576669216156