Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
Na xornada previa á entrada en vigor das novas normas de alivio no uso da máscara, a provincia de Lugo rexistra un importante aumento de casos activos condicionada pola escaseza de altas e un elevado número de contaxios novos case todos procedentes dun gromo en Sarria.
Así, hoxe son 18 casos máis e volve estar a cifra preto dos 200, concretamete en 191. Onte o aumento foi de 9 casos e o día anterior de 3.
Diagnosticaron nas últimas 24 horas 28 casos novos (onte foron 13 e o día anterior 8). As altas chegaron ás 12.754, 9 en 24 horas, cando o día anterior foron 6.
Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 13.166 casos rexistrados e 216 persoas falecidas.
A presión hospitalaria mantense en 3 persoas ingresadas no Hula, 1 na UCI e dúas en planta. Os outros dous hospitais seguen limpos de covid.
A provincia terá a partir do sábado ao concello de Castroverde en alerta media.
POR COMARCAS
O gromo detectado en Sarria, que se atopa na semana de festas, é o causante dun elevado número de casos, 16 que desestabilizan as cifras xerais da provincia, que no resto de zona mantén a estabilidade.
A Mariña
- O Vicedo mantén unha incidencia alta.
- Con algún caso activo e baixa incidencia están Foz, Cervo, A Pontenova, Trabada e Burela.
- Xove está sen casos na última semana.
- Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, Riotorto, Barreiros, Lourenzá, Mondoñedo, Ribadeo, O Valadouro, Alfoz e Viveiro.
Terra Chá
- Vilalba, Cospeito, Friol, A Pastoriza, Pol, Meira e Castro de Rei teñen casos pero con baixa incidencia.
- Abadín, Begonte e As Pontes levan unha semana sen casos novos. Únese Guitiriz.
- Sen positivos dende hai máis de quince días están: Muras, Rábade, Xermade e Outeiro de Rei.
Centro da provincia
- Os casos en Lugo suman ata 78 (1 máis).
- Castroverde reduce a 11 positivos (1 menos) na véspera de retomar as restricións.
- Portomarín segue cunha incidencia moi elevada.
- Palas, Monterroso, O Corgo e Guntín teñen positivos pero con baixa incidencia.
- Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Baleira, Antas de Ulla, Pedrafita, As Nogais, Baralla, Ribeira de Piquín, Becerreá, Cervantes, A Fonsagrada e Navia de Suarna.
Comarca de Sarria
- Un gromo en Sarria eleva de golpe os positivos na vila, que pasa de 13 a 29 (16 máis), situando a incidencia en valores de alerta.
- Láncara tamén ten casos e con baixa incidencia.
- Samos, O Páramo, O Incio e Triacastela seguen limpos de covid dende fai máis de dúas semanas. Súmase Paradela.
Ribeira Sacra
- Taboada e Quiroga teñen casos pero con baixa incidencia.
- Folgoso do Courel leva xa unha semana sen positivos.
- Sen casos en máis de quince días: Ribas de Sil, Bóveda, O Saviñao, Carballedo, Sober, Pantón, A Pobra de Brollón e Chantada. Únese Monforte.