Búscanse auxiliares xerocultores para traballar na residencia de maiores de Sarria
O Concello de Sarria anuncia hai unha nova oferta de emprego público para traballar na residencia de maiores Nosa Señora do Carme do municipio.
Así, trátase da ampliación da bolsa de auxiliares xerocultores cun soldo bruto anual de 18.919,02 euros para o que as persoas interesadas deben precisar do título de técnico en atención a persoas en situación de dependencia, técnico en coidados auxiliares de enfermería, técnico en atención sociosanitaria ou posuír o graduado en educación sanitaria obrigatoria ou equivalente, xunto co certificado profesional de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.
O prazo para a presentación das instancias está aberto ata este mércores e poderán presentar as solicitudes na propia Casa do Concello ou a través da secretaría virtual.