Búscanse auxiliaries xerocultores para a residencia de maiores de Sarria
Desde o Concello de Sarria veñen de anunciar que hai unha nova oferta de emprego público na vila. Neste caso, búscanse auxiliaries xerocultores para a residencia de maiores, co que se ampliará a bolsa de profesionais deste ámbito.
As persoas interesadas en presentar as súas instancias para ter a opción de ser seleccionadas para este posto poderán mandar a súa documentación ata o 23 de setembro.
Os requisitos que se esixen son que a persoa interesada teña o título en Técnico en Atención a Persoas en Situación de Dependencia, Técnico en Coidados Auxiliares de Enfermería ou Ténico en Atención Sociosanitaria. No seu defecto, terá que ser graduado en ESO ou equivalente xunto do Certificado de atención sociosaniataria a persoas dependentes en institucións sociais.
Con respecto ao salario, o posto contempla un soldo bruto anual de 19.002,62 euros.