Búscase unha persoa que poida encargarse dos labores de limpeza no Concello de Samos

SarriaXa
O Concello de Samos convoca unha praza para seleccionar a unha persoa que poida encargarse de tarefas de limpeza durante seis meses e as persoas interesadas teñen ata mañá, día 25 de agosto, para apuntarse a esta selección de persoal.
Concello de Samos
24 Ago 2023

O Concello de Samos convoca unha praza para seleccionar a unha persoa que poida encargarse de tarefas de limpeza durante seis meses e as persoas interesadas teñen ata mañá, día 25 de agosto, para apuntarse a esta selección de persoal.

Esta iniciativa, ao abeiro do 'Programa de reforzo de emprego' dentro do Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos da Deputación de Lugo, ten como misión conseguir unha persoa que poida desenvolver as tarefas de limpeza no Concello.

Para isto, as persoas interesadas deberán cumprir unha serie de requisitos que deberán consultar na sede electrónica do Concello de Samos ou mesmo na propia Casa Consistorial, onde se lles informará sobre todo o que teñen que facer para optar a este posto de traballo.

0.17072606086731