Bustofrío celebra as festas na honra á Virxe dos Remedios con música, misa solemne e verbena

SarriaXa
A parroquia de Lóuzara, en Samos, acollerá este 25 de agosto unha xornada festiva con charangas, actuacións musicais e a verbena a cargo do Dúo La Mecánica
fogos-artificiais-festas-patronais
22 Aug 2025

Bustofrío, na parroquia de Lóuzara (Samos), prepárase para vivir unha intensa xornada de celebracións o vindeiro luns 25 de agosto con motivo das festas na honra á Virxe dos Remedios.

A programación arrincará ás 11:00 horas cunha alborada a cargo da charanga Los Usureños de Lugo. Xa ao mediodía, ás 13:30 horas, terá lugar a misa solemne, que estará seguida dunha sesión vermú animada tamén polos Usureños de Lugo.

Pola tarde, a partir das 18:00 horas, será a quenda do grupo musical Courelóuzara, que ofrecerá unha actuación especial, tras a que o público poderá gozar dunha cantada popular.

A xornada rematará cunha gran verbena a cargo do Dúo La Mecánica, que porá a música e o ritmo para pechar as festas con baile e diversión.

⚙ Configurar cookies
0.12728905677795