Calendarios e xogos de mesa de balde para os veciños de Triacastela

SarriaXa
El ayuntamiento de Triacastela repartirá calendarios y juegos de mesa, con imágenes de la zona, a los vecinos de manera gratuita.
calendario xogo triacastela
18 Dec 2021

Durante os vindeiros días o Concello de Triacastela repartirá aos veciños os novos calendarios do ano 2022.

Esta iniciativa de creación de calendarios anuais xa é tradición no Concello que ten por costume realizalo ano tras ano facilitando así a organización dos seus veciños.

Ademais, este ano tamén se agasallará ás familias un xogo de mesa que ten como protagonista unha imaxe do Concello. Esta novidade débese a época que estamos a vivir coa pandemia da Covid-19. Con esta situación son moitas as reunións que se celebran nos fogares e, ter ferramentas para pasar un bo rato, é fundamental para gozar do tempo libre con amigos e familia.

O parchís e o tres en raia son dous xogos de mesa tradicionais que non pasan de moda polo que servirán para xogar entre diferentes xeracións fomentando as relacións entre os veciños. No tres en raia pódense ver diferentes imaxes e puntos turísticos do Concello promovendo e difundido o valor e o patrimonio da zona.

0.18142104148865