Camiña Sarria esíxelle á Xunta de Galicia, ao Goberno Central e á Deputación de Lugo diversas actuacións
Camiña Sarria vén de elaborar un decálogo de demandas dirixidas á Xunta de Galicia, o Goberno Central e á Deputación de Lugo nos que se integran proxectos e reivindicacións históricas do municipio e que presentará no pleno de Sarria.
Entre as propostas, inclúense a incorporación da residencia de maiores á rede de xeriátricos da Deputación de Lugo ou a concertación de 30 prazas ao ano para usuarios dependentes do centro; piden a rehabilitación do Muíño do Toleiro, financiamento para a construción dun auditorio na antiga fábrica Feculera e a creación de novo solo industrial no polígono de Morelle.
Tamén piden dotar a Sarria de fondos públicos para instalar un parque acuático no Chanto, a rehabilitación da Ponte Vella e das rúas autonómicas Matías López, Marqués de Ugena, Porvir e Lázaro.
Por último, esixen a mellora da estación de tren e que Sarria sexa parada obrigatoria do AVE. Piden tamén aportacións para a celebración da festa de San Xoán.