Carlos García, de Audio Sarria: “Facemos un seguimento rigoroso do estado auditivo dos nosos clientes”
Falamos con Carlos García Aymerich, promotor e propietario de Audio Sarria.
Como xurdiu a idea de montar este negocio?
Levo moitos anos dedicándome a este tema de problemas auditivos, sempre traballei a zona da provincia de Lugo e sempre me chamou a atención Sarria como vila e deime de conta de que non tiña un centro auditivo especializado en próteses auditivas. Polo que fixen os estudos de mercado necesarios e montei o meu Gabinete Audiolóxico no ano 2019.
Colleunos a pandemia, pero como todos, e nunca pensei en pechalo. Aguantamos como todo o mundo e nunca pensei en pechar. Levamos 3 anos e moi ben, a xente está moi contenta e estamos a dar un bo servizo en Sarria.
Como é o traballo no día a día?
Nós temos un audioprotesista con titulación y unha persoa de atención ao público que é quen colle as citas e demais. É un gabinete pequeno, pero contamos con rexistro sanitario y todo en regra.
Que servizos ofrecen?
A xente que considera que ten perdas auditivas ou que non oe, o primeiro que ten que facer son unhas probas auditivas, polo que nos piden cita porque é personalizada e facémoslle un estudo completo da súa audición con audimetrías, vía ósea, aérea, probamos o seu limiar de dor…
Todas as revisións que facemos son gratuítas e calquera persoa que considera que ten que ver como ten o oído, pode pedir unha cita e dámoslla e revisámoslle sen cobrarlle nada.
Despois da revisión, se, efectivamente, ten perda auditiva, ofrecémoslle a opción de probar unha prótese auditiva, é dicir, uns audífonos.
Hai distintos tipos e con diferentes potencias e o escoller un ou outro depende do tipo de perda que ten o usuario, por iso son tan importantes as probas. As persoas proban os audífonos e adaptámolos segundo a perda que ten.
Nós cremos que os que ofrecemos son dunha alta calidade, modernos e adaptados a cada persoa, veñen ata con software.
O importante é que a persoa os probe e veñan cada semana para ver como vai progresando a adaptación a eles, que pode ser de dúas a cinco semanas, dependendo do usuario e do seu problema. Eu sempre digo que o usuario é o que se pon o tempo de proba. Teñen que notar se oen mellor ou non.
Despois do período de proba, se están contentos, quédanse con eles e, se non están contentos, devólvenos sen problema. Se non oe ben a persoa cos nosos audiófonos, mellor que non os leve. Pero se unha persoa queda con eles, é importante o seguimento e facer as revisións, xa que teñen filtros e hai que limpalos. Ademais, nós ímoslles guiando e máis ou menos terán que vir cada 2 meses para ver que tal lles está indo.
Canto duran os audífonos?
Poden durar moitos anos, de feito nós traballamos coa marca Siemens que son moi bos e agora son recargables, sen pilas, e teñen unha garantía de 5 anos e calquera problema de rotura, cóbrese. É unha garantía ampla e boa e, de feito, os audiófonos poden durar 7 ou 8 anos.
Ademais, os clientes teñen a posibilidade de financiar os seus audiófonos durante dous anos sen intereses, unha forma cómoda de facerse cos audiófonos. É moi importante ter uns bos audiófonos, xa que hai marcas e gamas, pero nós utilizamos a mellor marca e de boa calidade.
Como es el trato con el cliente
Nós intentamos facer o noso traballo o mellor posible, facer un bo seguimento dos nosos clientes e os nosos clientes teñen un seguimento rigoroso, uns audiófonos moi bos, con prezos competitivos e bos.
A maioría dos nosos clientes quedan contentos, xa que desde o principio imos orientando e explicando e eles van probando e teñen un seguimento constante, antes da adaptación e despois. É unha relación moi estreita entre o cliente e o centro auditivo. Calquera problema que teñen aí estamos para solucionalo porque un audiófono dura moitos anos.
Como ves el futuro del sector?
O sector depende da xente que teña perda auditiva e o oído vaise perdendo. O futuro é bo, no sentido de que a xente cada vez ten máis perda auditiva porque a xente nova, con 40 anos, xa nota perda auditiva porque co tema das discotecas, os festivais… todo iso afecta. Os cascos tamén inflúen. Dentro duns anos van pagar porque o oído sofre.