Carme Aira foi elixida como a candidata do BNG á Alcaldía do Incio

SarriaXa
Carme Aira foi elixida como a candidata do BNG á Alcaldía do Incio nas vindeiras eleccións municipais de maio
Carme Aira BNG Incio
23 Feb 2023

A deputada por Lugo do Bloque Nacionalista Galego no Parlamento galego, Carme Aira, será a candidata á Alcaldía do Incio da formación nacionalista para as vindeiras eleccións municipais de maio.

Carme Aira foi elixida por unanimidade pola asemblea local do grupo político, a través dun proceso participativo e democrático.

"O BNG no Incio ten proxecto para avanzar e abrir un tempo novo no concello, por isto, somos a única alternativa que confía nas capacidades para poder desenvolver proxectos que melloren a vida da veciñanza e frear a despoboación", declarou Carme Aira.

Así, destacou que lle dá "ás grazas aos compañeiros e compañeiras por ter a honra de poder encabezar este proxecto, no que imos poñer todo o empeño en desenvolver un proxecto de futuro co obxectivo é satisfacer co maior benestar á veciñanza, con servizos acaídos ao rural, e apostar por un sector primario de futuro".

0.17407894134521