Carmela Cela difunde a figura das mulleres científicas en Galicia

SarriaXa
Carmela Cela, procedente de Triacastela,  inicia Galegas na Ciencia en Youtube; uns vídeos que percorrerán a vida de científicas en Galicia
Carmela cela 1
22 Jun 2022

A veciña de Triacastela inicia un ciclo de vídeos en Youtube onde repasará a historia de científicas pioneiras en Galicia.

Carmela Cela, procedente de Triacastela,  inicia Galegas na Ciencia na súa canle de Youtube, que constará dunha serie de vídeos que en escasos minutos percorrerán a vida de científicas en Galicia. Para iso, botará man do libro no que se inspira o nome do seu proxecto, Galegas na ciencia, autoría de Isabel Blanco.

Nesta primeira entrega, a divulgadora falou de Jimena e Elisa Fernández de la Vega, dúas irmáns xemelgas de Vegadeo nadas en 1895.  Elas foron as primeiras mulleres licenciadas en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Neste senso, Cela reivindicou que ambas acadaron o título con premio extraordinario de licenciatura.

Após disto, Elisa sería Pediatra e seguiría indo a congresos, conferencias, publicando artigos ou escribindo un manual para enfermeiras que  non lograra ver a luz. Jimena, pola súa banda, escollería a especialidade en xenética, chegando a ser catedrática de xenética na que hoxe é coñecida como Universidade Complutense de Madrid.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15425109863281