Carmela López dirixirá a área de Economía, Facenda e Especial de Contas da Deputación de Lugo

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, reorganizará o organigrama do Goberno provincial despois da renuncia como Deputada de Mayra García Bermúdez para concorrer ás eleccións ao Parlamento de Galicia.
carmela lopez alcaldesa BURELA 28 OUT
14 Jan 2024

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, reorganizará o organigrama do Goberno provincial despois da renuncia como Deputada de Mayra García Bermúdez para concorrer ás eleccións ao Parlamento de Galicia.

Así, explicou o mandatario provincial que a área da que era responsable a ex alcaldesa de Trabada, de Economía, Facenda e Especial de Contas, pasará a estar dirixida por Carmela López Moreno, rexedora de Burela, que tomará posesión no vindeiro Pleno provincial.

Ademais, o presidente avanzou que nas vindeiras semanas o Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández, pasará a asumir ademais a delegación de Vías e Obras.

“Son cambios que facemos co obxectivo de impulsar o proxecto de desenvolvemento social e económico que temos para a provincia de Lugo en colaboración cos concellos, co tecido asociativo e produtivo, tras a marcha, como sabedes, dunha compañeira”, valorou o presidente.

José Tomé aproveitará tamén a reestruturación para delegar a área de Vías e Obras en Miguel Fernández Méndez co obxectivo de reforzar a representación institucional e a dirección política do Goberno provincial na nova etapa que se abre no panorama galego.

Tal e como sinalou Tomé Roca, o nomeamento de Miguel Fernández Méndez como responsable de Vías e Obras fora acordado entre o presidente e o propio deputado hai uns meses para que se producira a principios de ano, coincidindo coa aprobación dos novos Orzamentos.

0.13921809196472