Carmen José López aposta por "unha nova etapa afastada do clima de crispación" en Sarria

SarriaXa
Carmen José López, alcaldable do PP en Sarria, aposta por "unha nova etapa afastada do clima de crispación" en Sarria
PP Sarria con alfonso rueda
22 May 2023

Carmen José López, candidata á Alcaldía de Sarria polo Partido Popular, defendeu nun acto xunto con Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia, que "ofrecemos un proxecto estable para sacar a Sarria da parálise, o estancamento e o clima de crispación”.

O presidente do PPdeG encomendoulle a tarefa a Carmen José López de empezar “unha nova etapa en Sarria como alcaldesa dos que che voten e dos que non, porque todos contribuirán a que esta vila medre ligada ao Camiño de Santiago, á hostalería, ao turismo ou á industria”.

A candidata asegurou que hai “moitísima xente traballando” na candidatura dos populares para que a partir do 28 de maio “se volva falar de construír, de medrar e do futuro próspero que merece Sarria” despois dos últimos anos convulsos da política local que protagonizaron o resto de forzas políticas".

López representa un proxecto formado por un equipo decidido a “sacar o municipio da parálise e o estancamento” para apostar por unha nova etapa “afastada do clima de crispación” que caracterizou o Concello durante o presente mandato.

Así, o PP de Sarria presenta 35 propostas para a reactivación, "medidas dirixidas a protexer o futuro económico coa implantación de empresas, apostar polos servizos sociais, atraer turismo, coidar o rural, mellorar a calidade urbana e apostar pola transparencia, a eficiencia e a viabilidade económica", explican desde a agrupación.

0.13166499137878