Carmen José López asume a dirección territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración na provincia de Lugo

SarriaXa
A portavoz do Grupo Municipal do PP de Sarria explica que este cargo non é incompatible co traballo de concelleira na corporación municipal
Carmen-Jose-López-PP-Sarria
11 Xuño 2024

A portavoz do Grupo Municipal do PP de Sarria, Carmen José López, vén de ser nomeada como directora territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia na provincia de Lugo.

A concelleira sarriá explica que asume "este reto con moita ilusion, porque eu sempre estiven moi ligada ao emprego, ao emprendemento, á economia social, ao asociacionismo... Entón, é coller os eidos nos que levo traballando moitos anos e con moita vocación e traballar pola provincia, pero tamén por Sarria".

Así, sostén que non vai deixar o seu traballo como concelleira do PP na corporación municipal da súa vila, Sarria, xa que "traballar por Sarria e optar á Alcaldía é o proxecto máis ilusionante da miña vida e ese compromiso mantense intacto; o compromiso con Sarria non cambia".

Ademais, engade que o seu novo posto como directora territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración pode "axudar á provincia de Lugo, pero concretamente tamén ao municipio de Sarria, co fin de asentar poboación e loitar contra a despoboamento, así como recuperar o talento que marchou da emigración. Temos que apostar pola provincia e polo interior e eu teño a oportunidade de facelo nun ámbito fermoso para poder xerar valor aquí, polo que teño moita ilusion e confianza de saber como axudar aos distintos sectores".

0.16249299049377