Carralcova acende o seu alumeado de Nadal con árbore xigante e moitas luces

SarriaXa
A parroquia celebrou a xornada con chocolatada, mercadiño e panxoliñas, e os máis pequenos puideron enviar cartas a Papá Noel
Nadal-en-Carralcova-O-Incio
24 Nov 2025

A parroquia de Carralcova, no Incio, acendeu o seu alumeado de Nadal coa colocación dunha árbore xigante e numerosas luces que iluminaron a contorna.

Durante a xornada, ofrecéronse chocolatadas de balde para todas as persoas que se achegaron á parroquia e instaláronse caixas de correos reais e de Papá Noel para que os nenos puideran mandar as súas cartas.

Ademais, os asistentes puideron disfrutar dun mercadiño de Nadal e escoitar panxoliñas, completando así unha xornada festiva e chea de ambiente navideño para toda a comunidade.

⚙ Configurar cookies
0.076128005981445