Case 50 persoas desfrutaron do Magosto na parroquia sarriá de Goián
SarriaXa
A Asociación de Veciños da parroquia de Goián de Sarria celebrou a súa festa do magosto esta fin de semana
4 Nov 2024
A Asociación de Veciños da parroquia de Goián de Sarria celebrou a súa festa do magosto esta fin de semana, onde se xuntaron 46 persoas para desfrutar dunha cea conxunta.
Desta maneira, as persoas participantes puideron desfrutar de panceta, raxo, chourizo, tarta de queixo e das castañas asadas nunha xornada festiva que contou tamén con queimada.
A comida estivo feita polo Restaurante O Mirallos de Paradela, que se encargou de poñer os pratos de comida para a veciñanza de Goián.