Castro de Rei de Lemos festexa o magosto coa música de Verónica Cambón

A parroquia de Castro de Rei de Lemos, no Concello de Paradela, prepárase para celebrar unha nova edición do seu tradicional Magosto 2025, organizado pola Asociación Cultural e Xuvenil Castro de Rey de Lemos. A cita será o xoves 31 de outubro a partir das 21:30 horas, e promete unha noite chea de sabor, música e diversión.
Os asistentes poderán gozar dunha pancetada e churrascada acompañadas de castañas e viño novo, nun ambiente festivo e familiar. O prezo da cea é de 15 euros para socios e 20 euros para non socios, e as persoas interesadas deberán anotarse antes do 29 de outubro nos teléfonos de Toño (676 498 280), Pacita (691 026 529), Julia (676 912 680) ou Barreiras (676 878 903).
Tras a cea, a partir das 23:30 horas, chegará o momento do baile coa actuación da artista Verónica Cambón, quen presentará o seu espectáculo “A vida é unha festa”, garantindo unha noite animada para veciños e visitantes.
O evento conta coa colaboración do Concello de Paradela, e consolídase como unha das citas máis queridas do outono, combinando gastronomía tradicional, música e convivencia veciñal.