Castro de Rei de Lemos, en Paradela, celebra as súas grandes festas a principios de outubro
A parroquia de Castro de Rei de Lemos celebra os días 1,2 e 3 de outubro as súas festas patronais.
O sábado día 1 pola noite está prevista a celebración dunha festa e verbena a partir das 22.30 horas a cargo do grupo Novo Milenio e actuará tamén a discoteca móbil Boa Festa!
O domingo día 2 haberá un pasarrúas ás 12.00 horas a cargo da Banda de Arca de O Pino. A misa solemne terá lugar ás 13.30 horas seguida dunha procesión e a posterior sesión vermú a cargo da Banda de Arca.
Xa entrada a noite, a partir das 22.00 horas, haberá festa e verbena coas orquestras Fania Blanco Show e Marbella. A partir das 00.00 horas os asistentes poderán desfrutar cunha gran tirada de fogos de artificio.
E o luns día 3 como día de fin de festa, haberá misa solemne de novo ás 13.30 horas, con procesión e sesión vermú a cargo da Charanga de Paradela.
Pola noite a partir das 22.00 horas, as orquestras Miramar e Paris de Noia amenizarán a velada.