Catalogado o castro de Láncara achado polo Colectivo Patrimonio dos Ancares

SarriaXa
Catalogado el castro de Ariz en A Pobra de San Xiao, Láncara. El yacimiento fue descubierto por el colectivo Patrimonio dos Ancares.
castro ariz lancara
14 Apr 2022

Un castro localizado no ano 2019 na Pobra de San Xiao foi recentemente catalogado polo Servizo de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia. Este achado foi descuberto polo colectivo Patrimonio dos Ancares en Ariz, pertencente ao municipio de Láncara.

Os arqueólogos realizaron unha comprobación e, tras esta, a administración informou a entidade do inventariado do ben. Así, este xacemento inclúese no Plan Básico Autonómico e o visor de aproveitamentos forestais. Tamén se informará ao Concello para a súa inclusión no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).

O xacemento está a 229 metros de altitude, preto do Corgo. Estímase que o castro de 82 por 73 metros con forma ovalada conta cunha antigüidade de 2.000 anos. Este lugar está custodiado por unha muralla que nalgúns puntos alcanza os 3 metros de altura, ao seu carón existe un foso que chega aos oito metros de ancho.

O curioso deste xacemento foi que aínda non estivera catalogado pola Xunta, xa que o lugar onde se atopou conserva o nome O Castro da Devesa e está presente nalgunhas cartografías.

Este colectivo xa fixera un achado en maio do 2019 na parroquia de Vilarello, ese castro tamén foi catalogado posteriormente por Patrimonio.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15208983421326