Catastróxico actúa esta noite no Buril de Sarria
Esta noite de mércores, 30 de agosto terá lugar o concerto de Catastróxico a partir das 22.00 horas e no que a Marciano Orquestra traerá rock 'creepy' por 5 euros de entrada para as persoas interesadas.
Despois do parón na actividade musical do Buril de Sarria, volven con máis forza organizando varios concertos de grupos de rock recoñecidos, como o grupo Catastróxico, Escöria Kova e Reanimatión.
Con respecto ao grupo de Escöria e Kova, estes traerán o mellor punk dende Río Grande, do Brasil, á sala do Buril o vindeiro 8 de setembro a partir das 23.00 horas, momento no que interpretarán os seus temas.
Por último, o 9 de setembro terá lugar o pequeno festival punk de Reanimation vol. 3 a partir das 22.00 horas e cun custo de entrada de 10 euros para as persoas interesadas en participar deste evento.