Catro concellos do sur de Lugo acollerán actividades de promoción da castaña promovidas polo GDR Ribeira Sacra - Courel
RibeiraSacraXa | SarriaXa
O Grupo de Desenvolvemento Rural Ribeira Sacra - Courel vén de anunciar que vai organizar unha serie de actividades durante o mes de novembro en catro localizacións do Courel para promover a castaña.
30 Oct 2023
O Grupo de Desenvolvemento Rural Ribeira Sacra - Courel vén de anunciar que vai organizar unha serie de actividades durante o mes de novembro en catro localizacións do Courel para promover a castaña.
Así, o vindeiro mércores, día 1, terá lugar unha iniciativa para promover a castaña entre os veciños e veciñas de Samos en horario de tarde; mentres que Folgoso do Courel e O Incio acollerán esta actividade ámbolos dous concellos o día 4.
Pola súa parte, xa a mediados do mes, en concreto o día 18 de novembro, Triacastela celebrará esta actividade de promoción da castaña en horario de mañá e de tarde.