Catro obras de teatro serán representadas en Sarria no marco do ciclo FEGATEA

A Federación Galega de Teatro Amador (FEGATEA) promove en Sarria, coa colaboración do Concello e de Rebuldeira Teatro, unha serie de actuacións teatrais na Casa da Cultura que serán de balde.
Desta maneira, a primeira delas será o vindeiro 27 de outubro, domingo, ás 20.00 horas, na que o grupo ‘DameCuerdaQueTeatro representará ‘Vaia idiotas’.
A seguinte será o día 3 de novembro, domingo, ás 20.00 horas, da man de Porta Aberta, que representará ‘Munuwa’.
Xa o domingo 10 de novembro ás 20.00 horas terá lugar a representación de ‘Asesinato en Brooke Manor’ e o día 17 rematará o ciclo con Rebuldeira Teatro e o seu ‘Os vellos non deben namorarse’.