Catro partidos polo concello do Páramo
O actual alcalde, que gobernou durante esta lexislatura co partido independente Todo Polo Páramo, encabezará as listas do Partido Popular
José Luís López, actual rexedor do Páramo e que concorreu nas listas das pasadas eleccións co partido Todo Polo Páramo, decidiu pasarse ao Partido Popular, grupo no que Gumersindo Rodríguez gobernou no municipio durante 36 anos. Debido a este cambio político, Rodríguez decidiu este ano formar a súa propia agrupación, Alternativa Veciñal polo Páramo que está incluída en Contamos Galicia Sempre. Pola súa parte, o PSOE contará con José Manuel Gayoso López como o seu cabeza de lista para liderar o proxecto socialista, despois de que o concelleiro de cultura Pablo Armesto deixara a primeira fila; e o BNG con Marta Portero Penela será a alcaldable.
PP. O actual alcalde do Páramo, José Luís López, será o alcaldable do PP despois de integrar o seu partido independente Todo polo Páramo que se formou en 2019. En relación aos actuais concelleiros do Partido Popular no Páramo, a dirección provincial do PP explicou que “Verónica Arias López, que é ademais a presidenta do PP local; María Isabel López Silvosa e Cristian Rodríguez Lourés amosáronse de acordo coa integración e manteñen ata o final do mandato as súas actas como concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular”.
PSOE. José Manuel Gayoso foi elixido como o candidato do Partido Socialista e quere facer O Páramo “máis moderno e competitivo” e dotalo de “todos os servizos, como merecemos”, escoitando para elo aos veciños e aos colectivos, tanto veciñais, como de montes, culturais ou deportivos. “Todos xuntos levaremos a cabo as actuacións necesarias”, afirmou o candidato ás eleccións. Gayoso é un coñecido empresario da localidade.
CONTAMOS GA.S. Gumersindo Rodríguez Liz, exalcalde do Páramo, preséntase como candidato polo partido político Alternativa Veciñal polo Páramo. Así, avisou aos veciños nunha carta na que anunciaba a súa candidatura despois de abandonar o PP hai unhas semanas para pasar a edil non adscrito. Gumersindo Rodríguez foi alcalde do Páramo durante 36 anos e nas últimas eleccións presentouse como número dous da lista do PP, porén, despois de que o actual alcalde, José Luís López, que goberna co partido Todo polo Páramo, anunciara a súa candidatura polo PP, Gumersindo tomou a decisión de ir por libre.
BNG. Marta Portero preséntase por primeira vez como candidata á Alcaldía do Concello do Páramo co BNG. As súas iniciativas son conseguir que se constrúa “dunha vez” a residencia de maiores, “unha necesidade para os nosos maiores, que son a maioría da poboación do Páramo”, explica. Tamén apunta a que é necesario que haxa vivenda social para que a xente “se quede no Páramo”, xa que di que “non hai vivendas de aluguer”. Por último, di que desde o BNG apoian moito as rutas de sendeirismo, polo que proporán algunhas rutas para fomentar o turismo na vila.
CANDIDATOS ELECCIÓNS 2023
PSOE
1. José Manuel Gayoso López
2. Marcelina López Fernández
3. María José López López
4. José Antonio Vázquez Meilán
5. Francisco Rodríguez López
6. María José Luisa Ramona Valcárcel Fernández
7. Manuel Pérez López
8. Eliseo Fernández García
9. Javier López Zolle
Suplentes:
1. Sara Fuenteseca Teijeiro
BNG
1. Marta Portero Penela
2. María Jesús Gil Castro
3. Xosé López Somoza
4. Irene Molleda Silva
5. Iria López López
6. Iago Vázquez López
7. Carina Rocío Vázquez Prado
8. María Isabel López Liz
9. Manuela López Fernández
PP
1. José Luís López López
2. Benjamín García Toirán
3. Verónica Arias López
4. Ana Castaño Doce
5. Cesar Gay Chousa
6. Encarnación García López
7. María Luisa Fernández Fernández
8. José Manuel López López
9. Luís Díaz Rodríguez
Suplentes:
1. Juan López Rodríguez
2. Yolanda Neira Garcia
3. María Armesto Rejo
4. Manuel López López
5. Iria López López
CONTAMOS GA.S
1. Gumersindo A. Rodríguez Liz
2. Iván Rodríguez Losada
3. Gonzalo Liz López
4. José Manuel Pérez López
5. Oscar Liz Fernández
6. Cristian Rodríguez Loures
7. Ángela Banesa Castaño
8. Álvaro Losada López
9. Maricarmen García Liz
Suplentes:
1. Óscar López Valín
2. Alfredo Mera Fidalgo
3. Iván López Varela
4. Jesús Castaño Arias
5. Adrián Mateo López
6. Jesús Silva Diaz
7. Eusebio Rodríguez Castro