Celebran as gandes festas en Vilouzán, Augalevada e Bustelo os días 19 e 20 de xullo

As parroquias de Vilouzán, Augalevada e Bustelo, no concello de Láncara, prepáranse para celebrar as súas tradicionais festas na honra á Virxe do Carme os días 19 e 20 de xullo de 2025.
O programa de actividades comezará o sábado 19 cunha churrascada popular acompañada da tradicional queimada veciñal.
A festa continuará durante a noite cunha verbena a cargo do Dúo La Hora Bruja, que traerá a súa proposta musical para animar á veciñanza e visitantes.
O domingo 20 terá lugar a misa solemne ás 13:00 horas, seguida da procesión e dunha sesión vermú que estará amenizada polo grupo Punto Clave. A mesma formación repetirá actuación a partir das 22:00 horas, poñendo o broche final ás celebracións cunha nova verbena.
O evento conta co apoio de diversos establecementos e empresas da contorna, así como coa colaboración do Concello de Láncara. As festas prometen dous días de encontro, música e tradición no corazón do rural lucense.