Celébrase este sábado 17 a XV Feira da Ponte de Lóuzara, en Samos

SarriaXa
Así, a partir das 10.00 horas do sábado abriranse os postos de exposición e venda de artesanía
Feira-Artesanía-Louzara-Samos-3
15 Ago 2024

A Ponte de Lóuzara celebra a XV Feira da Ponta de Lóuzara este sábado, 17 de agosto, á que convidan a participar a todos os veciños e veciñas do Concello de Samos, así como outros visitantes da comarca e da provincia que queiran achegarse.

Así, a partir das 10.00 horas do sábado abriranse os postos de exposición e venda de artesanía, nos que participarán diferentes profesionais da artesanía que amosarán e porán á venda os seus produtos.

Pola súa parte, ás 12.00 horas haberá actuacións musicais aínda por confirmar e, logo, a partir das 14.00 horas, celebrarase unha comida popular na que haberá servizo de pulpería.

Finalmente, para rematar o día, a partir das 17.00 horas, poderase desfrutar de bailes tradicionais da man de asociacións da comarca que fomentan os valores do rural galego.

0.15864682197571