Celébrase unha xornada completa dedicada ao son en directo este domingo no Buril

SarriaXa
A sesión formativa está pensada para todos aqueles interesados en aprender os fundamentos técnicos do son en concertos
Buril-ACDE
20 Feb 2025

O próximo domingo 23 de febreiro terá lugar no Buril unha xornada completa dedicada ao son en directo, organizada tras a gran acollida da anterior 'masterclass'. Xonix Records volve a Sarria cunha intensa sesión formativa para todos aqueles interesados en aprender os fundamentos técnicos do son en concertos.

A xornada será impartida por Lolo Arincón e durante o día, os asistentes poderán afondar en aspectos esenciais como a creación dunha folla de ruta, colocación e comprobación do escenario e seguridade, distribución, conexión e comprobación da electricidade, comprobación do cableado de audio, configuración da mesa de mesturas e sistemas de control, instalación e proba dos elementos da P.A., montaxe do backline e elementos do escenario, conexión do backline e sistemas de monitoraxe, uso de soportes de microfonía e outros accesorios, conceptos clave como fase, regra 3:1 e efecto proximidade, técnicas de microfonía (mono, estéreo, batería, etc.), marcaxe de elementos móbiles e gravación do concerto.

A formación desenvolverase en horario de mañá, de 11.00 a 14.00 horas, e de tarde, de 16.00 a 20.00 horas. O prezo da inscrición é de 50 euros, e as prazas poden reservarse enviando un correo a gaelico.buril@gmail.com.

0.16083312034607