Celebrouse unha nova reunión da Plataforma de Afectados do IBI en Sarria

SarriaXa
A Plataforma de Afectados do IBI de Sarria, promovida polo edil Benjamín Escontrela Díaz, celebrou unha nova reunión para facilitar aos afectados que recibiron as cartas do Tribunal Económico nos meses de marzo e abril que, se así o desexaban, poidan presentar a correspondente demanda ante o Tribunal Superior de Xustiza.
plataforma afectados polo IBI Sarria
27 Abr 2024

A Plataforma de Afectados do IBI de Sarria, promovida polo edil Benjamín Escontrela Díaz, celebrou unha nova reunión para facilitar aos afectados que recibiron as cartas do Tribunal Económico nos meses de marzo e abril que, se así o desexaban, poidan presentar a correspondente demanda ante o Tribunal Superior de Xustiza.

Con esta xa son catro as reunións mantidas cos afectados e moitas as demandas presentadas e a través da plataforma xa se conseguiu que o Catastro se vise obrigado a declarar de oficio a caducidade do procedemento e, como consecuencia, que todos os afectados recibisen a devolución das liquidacións de atrasos dos anos 2016-2017-2018-2019.

Agora, o que se persegue é que se anule o Catastrazo e que as leiras volvan ser rústicas a efectos tributarios como o eran antes, o que conlevaría que non se lles poida esixir o IBI como urbano senón como rústico.

De conseguir a anulación do Catastrazo, ademais, todos os afectados terán dereito a que se lles devolvan os incrementos pagos nos anos 2020-2021-2022-2023. Por outra banda, desde a Plataforma expoñen que están á disposición dos afectados que aínda non recibiron as cartas.

0.16678500175476