Cen vehículos clásicos participaron da Concentración de Vehículos Clásicos Vila de Sarria
A III Concentración de Vehículos Clásicos ‘Vila de Sarria’ acolleu uns cen vehículos, segundo os cálculos dos organizadores, o Club Clásicos de Sarria.
Así, o domingo ás 09.00 horas chegaron os coches clásicos ao Chanto e, desde aí, saíron percorrer as distintas localidades de Sarria, nas que coincidiu atoparse con moitos peregrinos que estaban a facer o Camiño Francés cara a Santiago, o que fixo que moitos se achegaran ás 12.30 horas á Praza da Vila.
Despois, ao mediodía, La Unión acolleu a sesión vermú amenizada por The Lioness Treasure, do que destacan “a mala sorte co tempo que houbo”, que ao empezar a tormenta, entorpeceu o resto da tarde.
Por último, entregouse a moto Guzzi Hispania no sorteo celebrado pola tarde, que se entregou a un socio do Club Clásicos que estivo organizando a xornada.