Chega a Sarria a creatividade de Xoán Curiel
Sarria organiza o vindeiro domingo 1 de agosto o concerto Treides comigo! de Xoán Curiel, un artista nado na Fonsagrada coñecido pola súa creatividade e pola súa obra no panorama musical galego, onde a experimentación de cada traballo que publica o caracteriza.
Polo seu lado, o concerto Treides Comigo! é unha nova proposta do compositor galego que está creada a partir de cantigas da lírica medieval galego portuguesa, nunha mestura de "pop fusión medival". Así mesmo, o traballo tamén presenta a súa madurez musical, así coma as diferentes colaboracións e músicos extraordinarios.
Xunto a voz de Xoán, tamén se atopará a de Iris Gey, que estarán acompañados por Carlos Freire -percusión-, Bleuenn Lle Friec -arpa- e Álex Salgueiro -frautas-.
Unha actuación chea de cor e novidade que mesturará ritmos e movementos de diferentes épocas, que veciños e veciñas de Sarria poderán escoitar e disfrutar. O concerto será ás 21 horas na praza de Santa Marina. Así mesmo, o acceso é libre por orde de chegada até completar a capacidade indicada para o lugar.