Chega a Sarria a décima edición do Master Sarria Futbolín

SarriaXa
Chega ao municipio de Sarria a décima edición do Master Sarria Futbolín, os días 28, 29 e 30 do mes de outubro
futbolin sarria portada
5 sep 2022

Un ano máis, o municipio lucense acolle a décima edición deste campionato que reunirá non só a parte dos mellores xogadores desta disciplina, senón tamén a centos de afeccionados e curiosos.

O evento celebrarase durante os días 28, 29 e 30 de outubro e haberá máis de 6.000 euros en premios.

Entre as distintas categorías atópanse as de movemento, parado, feminino, cego e local. Os xogadores, acumularán puntuacións que lles permitirán reclasificarse en cada un destes grupos e así chegar ao podio para poder facerse cun dos moitos premios dispoñibles.

O prazo de inscrición está aberto e para ampliar información ou solucionar calquera dúbida pódese visitar o perfil de facebook @Lnfsarriafutbolin ou enviar un whatsapp ao teléfono 637 176 984 (Jony).

futbolin sarria
0.18624210357666