Chega a Sarria o humor coa Aparvaolimpiadas
O Concello de Sarria organiza o vindeiro 23 de xullo as Aparvaolimpiadas. A data coincide coa inauguración dos Xogos Olímpicos de Tokio, só que neste caso, o público ao que vai dirixido será aos máis pequenos nunhas olimpíadas que se levarán a cabo na casa.
O evento realizarase ás 19 horas na praza da vila e buscará que as nenas e nenos pasen unha xornada entretida na que prime o bo ambiente e os valores. O espectáculo de animación presentará a un amago de atleta polipatético que se verá involucrado en problemas para lograr a medalla olímpica.
Así pois, a ceremonia de apertura remata sendo un desastre e intenta conseguir o éxito nos deportes máis coñecidos, algo que non logra. A incertidume está en se vai poder alcanzar a ansiada medalla ou se vai quedar no limbo.
O espectáculo logra mezclar clown, mimo, pantomima e slapstick nunha actuación na que todo son trabas e non se sabe como finalizará todo.
Achégate o vindeiro 23 á praza da vila de Sarria para saber como remata esta historia nun espectáculo único, cheo de humor e parvadas.