Chega a Sarria o programa de formación para a dixitalización de mulleres Galegas Dixitais
O concello de Sarria acolle esta iniciativa que dará comezo este luns día 12 e finalizará o 1 de outubro.
Co obxectivo principal de formar en competencias dixitais a mulleres en situación de desemprego ou que solicitaran a mellora de emprego, o programa Galegas Dixitais desenvolverase en horario de 12.00 a 14.30 horas na aula Cemit da Casa da Cultura, ubicada na rúa Marqués de Ugena s/n de Sarria.
Esta é unha oportunidade única para aprender a usar as novas tecnoloxías tanto no día a día coma no traballo ou nos diferentes negocios. Preténdese mellorar así a capacidade de empregabilidade de tódalas mulleres inscritas que poderán desfrutar dun ordenador portátil chromebook de xeito gratuíto.
Esta formación está financiada pola Unión Europea NextGenerationEU polo que é totalmente gratuíta. Para participar no programa será necesario inscribirse na seguinte páxina web http://galegasdixitais.es/
Para calquera dúbida pódese escribir un correo a lugo@galegasdixitais.es